Iniciativa 2011
Campaña de presión para lograr a convocatoria dun referendo sobre a tauromaquia na cidade da Coruña, onde se celebra unha feira taurina dende 1991, co apoio económico do Concello.
Conta co apoio de destacados persoeiros e intelectuais de Galicia, como o grupo de música Luar na Lubre, os catedráticos Antón Losada e Teresa Moure, as actrices Mayka Braña e Lucía Regueiro, entre outros.
Seminario internacional pola Abolición da Tauromaquia
Punto de encontro e reflexión do movemento abolicionista de Galicia. Celebrase con carácter anual nunha cidade galega, e ofrece conferencias, proxeccións e relatorios con coñecidos científicos, políticos e activistas. O Seminario sempre é gratuito, e nel colaboran institucións públicas e organizacións sociais diversas.
¿Queres declarar a túa cidade abolicionista?
Campaña de asesoría a aqueles cidadáns que queiran impulsar as declaracións de “cidade antitaurina” ou “cidade amiga dos animais”. O lanzamento da campaña prodúxose de forma simultánea en trece municipios de Galicia. Neste sentido, a plataforma non impulsa as mocións, senón que ofrece á cidadanía colaboración e asesoramento.
Programa de turismo ético
Programa pioneiro a nivel internacional, coa finalidade de favorecer e impuslar o turismo en Galicia que non inclúa a promoción de espectáculos e festejos taurinos. Conta coa colaboración expresa da League Against Cruel Sports, e o CAS-International.
O Programa de Turismo Ético pode atoparse en formato virtual, nas páxinas web das entidades colaboradoras e traduciuse ao inglés, alemán, francés e holandés.